Comunicado
Con grande pesar e
indignación revolucionaria temos coñecido os criminais atentados cometidos por
supostos membros do Estado islámico, en diversos distritos da cidade de París.
¡Os condeamos
enerxicamente!
Co mesmo pesar e
indignación vemos e denunciamos como esta traxedia é instrumentalizada polo
Estado francés para, non so estender medidas policiais de excepción que
recortan dereitos básicos, como para preparar unha intervención militar
xeneralizada da OTAN en Siria.
O cheiro a
provocación criminal destes feitos, nun contexto de grande tensión no Medio
Oriente, indican que o bloque militarista da OTAN, co respaldo dos
sionistas e a clique feudal saudí, non cesa no seu empeño de destruír o Estado
sirio e a súa vez esmagar as novas forzas revolucionarias na Rojava.
O fascista Estado
turco, no medio dunha grande represión contra seu pobo e no Kurdistan norte,
como membro da clique belicista da OTAN, prepararse para a invasión, ata agora
freada pola intervención dos imperialistas rusos en apoio dos seus aliados.
A única forza
capaz de deter estes sinistros plans, son os pobos opoñéndose firmemente,
audazmente, a guerra, nos países imperialistas e no Medio Oriente coa Guerra
Popular Revolucionaria. Unha autentica onda de revolucións que afogue, dun
extremo a outro, aos imperialistas e os reaccionarios locais, nun mar de masas
armadas, guiadas polo marxismo-leninismo-maoísmo, facendo parte da Grande
Revolución Proletaria Mundial.
Transmitimos nosa
solidaridade e apoio aos nosos camaradas do Bloc Rouge (Unificación dos
maoístas) e a noso pobo da Galiza facemos un chamamento a mobilización baixo a
consigna de:
¡GUERRA POPULAR A GUERRA IMPERIALISTA!
Galiza, 15 de
novembro do 2015
Comité de
Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario